IMAXES DINÁMICAS E INTERACTIVAS
Internet é hoxendía o escaparate e contorno comunicador por excelencia, e a imaxe fotográfica, un dos seus principies ingredientes. Neste medio, a imaxe é en moitos casos algo vivo que interactúa co espectador. Crear hipervínculos, animacións e outros efectos está na man de calquera que manexe programas de retoque fotográfico.
É posible que moitos dos que nos centramos na fotografía vexamos as imaxes interactivas como algo diferente, máis sofisticado e artificioso. Pero no deixa de ser unha faceta da imaxe dixital, que pode aportar creatividade e, máis que nada, dinamismo á hora de emitir mensaxes apoiados na imaxe.
Animacións
Unha animación é un conxunto de imaxes estáticas que se reproducen cíclicamente. Crear un arquivo GIF animado é realmente sinxelo, cunha aplicación específica como Ulead Gif Animator ou con programas de tratamento xeral, como Photoshop ou o popular Gimp.
En Photoshop, chega con superpoñer dúas ou máis imaxes en capas ou ben duplicar un mesmo motivo, aplicando en cada capa algunha modificación: un desprazamento, un escalado, un cambio de cor ou de opacidade, un desenfoque ou calquera dos abundantes filtros disponibeis.
A continuación, ábrese a paleta Animación, que xa inclue o programa e que está disponible en ImageReady en versións antigas. Na parte dereita atópase un pequeño triángulo que desprega diferentes comandos, entre eles Crear cadros a partir de capas.
Cada capa dá lugar a un cadro ou fotograma. Pódese reordenar, duplicar, eliminar e tamén establecer a duración de cada un. Finalmente, a animación pode exportarse co comando Gardar para web, en formato GIF ou PNG.
O GIF está limitado a 8 bits. O PNG, pola súa banda, ten a vantaxe de gardar imaxes en cor de 24 bits, mais xa temos comentado que Internet Explorer acostuma a interpretar mal as súas zonas transparentes.
O noso primeiro exemplo é un GIF animado con dous fotogramas. Nun deles a capa está oculta:


Paleta Animación, cos fotogramas
e a duración asignada a cada un.
Neste outro caso, realizamos unha selección elíptica e rotámola co comando Transformar selección do menú Selección, ata seis veces 30 graos. Logo de cada xiro, copiamos parte da capa fondo e pegámola como capa nova. Despois de crear os fotogramas por capas, elimínase o fotograma da capa fondo, que amosa a imaxe completa:


Os seis fotogramas na paleta Animación.
Nas capas para a seguinte animación, aplicáronse a un obxecto circular uns simples escalados verticais e horizontais co comando Transformación libre:

Nesta derradeira mostra, superpóñense fotografías diferentes. De cada unha fanse outras dúas capas duplicadas e desprazadas á esquerda. Tras crear os cadros a partir das nove capas, temos que situarnos en cada fotograma desprazado para activar a visibilidade da capa que contén a foto anterior a cubrir:

Imaxes de sustitución
Ao compoñer páxinas web, pode asignarse a unha imaxe un vínculo para acceder a outra páxina ou a outro lugar da mesma premendo sobre ela. Un xeito frecuente de amosar ao lector que esa imaxe contén o vínculo é facer que ésta reaccione ao paso do cursor.
Neste exemplo, hai realmente dúas imaxes de igual tamaño en píxeles. Ao pasar o cursor por enriba, unha das fotos é automáticamente reemprazada pola outra. Pode facerse co comando Imaxe de sustitución de Dreamweaver, simplesmente indicándolle ónde están as dúas versións.
Aquí fíxose realmente dende a paleta Comportamentos, co comando Intercambiar imaxe e a opción OnMouseOver (co rato enriba), que permite dacelo sen que a imaxe conteña obrigatoriamente un vínculo:

Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto
Efectos "rollover" e sectores
Outras dúas opcións interesantes son os efectos "rollover" e os sectores. Os estados de "rollover" fan que a imaxe poida responder segundo o que fagamos co cursor: pasar por enriba, deixar de pasar, facer clic ou dous clic… os sectores, pola súa banda, permiten facer unha división na imaxe, de xeito que cada unha das zonas -ou somente alguna delas- responda ao cursor.
A seguinte imaxe foi dividida en catro zonas coa ferramenta Sector do Photoshop, e máis concretamente co botón Dividir da barra Opcións.
En ImageReady, asignouse a cada sector dous estados de "rollover": un para amosar a versión en cor cando o cursor pasa por enriba, e outro para amosar a versión invertida mentras o cursor está pulsado: |