| Páxina de recursos | Versión
orixinal publicada en quesabesde.com © >> |
DOMINAR O EXCESO DE CONTRASTE Na práctica da fotografía, as escenas de elevado contraste apresentan dificultades para a súa correcta captura, tanto con cámaras de película como -sobre todo- dixitais. A película amortigua a súa resposta ás altas luces, mais o sensor non o fai, producíndose fácilmente un sinal saturado que mesmo pode inutilizar a toma . En fotografía chamamos rango dinámico á amplitude de valores posibles ou existentes nunha escala, normalmente a escala de luminosidade. Moitas veces decimos indistintamente que o rango é a "razón" ou a "diferencia" entre o valor máis alto e o máis baixo, aínda que é doado saber cal dos dous termos é o correcto en cada caso. Supoñamos que a luminosidade máxima é 100 veces maior que a mínima. Se duplicamos cada unha delas, os valores absolutos varían, mais a súa razón mantense. Nunha escala liñal, decimos que hai un rango de 100 a 1, a mesma razón que hai entre 200 e 2, ou entre 1000 e 10. Pero se empregamos unha escala logarítmica, o rango exprésase como a diferencia . Entre 1 e 2, hai a mesma relación que entre 2 e 3, xa que 1, 2 e 3 son, respectivamente, os logaritmos de 10, 100 e 1000. Os fotógrafos expresan habitualmente o rango dinámico dunha escena, película, sensor ou impresión en diafragmas (graos comparabeis a puntos de diafragma). Eu non son partidario de facelo, xa que me parece tan impropio como expresar a distancia entre dúas cidades en horas de viaxe, podendo facelo en kilómetros. En todo caso, o "diafragma" parece ser o factor de conversión máis popular para relacionar cálculos de exposición, contraste, latitude, densidade … establecendo a duplicación da luz como unidade dunha escala logarítmica de base 2. Entre as técnicas de imaxe dixital destiñadas a compensar esta limitación, falaremos de tres sobre a base dunha toma única: a corrección selectiva, o revelado duplo e a opción Aplicar imaxe . A outra estratexia máis recente a partir de dúas ou máis tomas, o chamado HDR (ou alto rango dinámico), adicarémoslle o seguinte artigo.
Corrección selectiva
Para facilitar a selección, pode facerse un duplicado da capa e aplicarlle un axuste de niveis no que as dúas zonas -a crara e a escura, ben diferenciadas no histograma- se transformen en branco e negro, cunha lixeira transición:
Sobre o resultado, é moi sinxelo facer unha selección empregando a vara máxica de Photoshop ou doutro programa, cunha boa marxe de tolerancia:
Unha vez feita a selección, pode eliminarse a capa duplicada, axustar a zona correspondente da imaxe, inverter a selección e axustar de xeito diferente a outra zona:
Revelado duplo Extremando un pouco esta posibilidade, teremos unha versión con bo detalle nas luces, mais escaso nas sombras, e outra con detalle nas sombras, pero coas luces sobreexpostas:
As dúas versións deben superpoñerse como capas nun mesmo documento para ser combinadas. Entre as diferentes maneiras de facelo, hai dúas que pagan a pena e son moito máis flexibeis que -por ejemplo- xogar coa opacidade e o modo de fusión, Están baseadas nunha máscara ou na fusión segundo a luminancia, e chámanse -precisamente- método de enmascarado e método de fusión. Método de enmascarado : consiste en crear unha máscara de capa e pegar sobre ela un duplicado en grises da capa inferior. É máis cómodo colocar a capa menos exposta sobre a máis crara, para non ter que inverter logo a máscara.
En Photoshop, créase a máscara de capa pulsando o terceiro símbolo debaixo da paleta. Hai que situarse na capa fondo para seleccionalo todo e copiar a imaxe, e a continuación facer clic -coa tecla Alt pulsada- na miniatura da máscara na capa superior, para visualizala e pegar nela a imaxe en grises. Noutros programas, como o Gimp, é posible facer unha máscara de luminancia na capa a copiar, que pode transformarse en selección e, posteriormente, en máscara da outra capa. En xeral, a máscara funciona mellor desenfocándoa un pouco, aínda que o desenfoque non se pode reaxustar se non é creando a máscara de novo. Método de fusión : baséase no comando Fusionar das opcións de capa en Photoshop e outros programas. Aínda que ao principio non é moi intuitivo, pódese acadar bastante flexibilidade separando coa tecla Alt os catro triángulos e deixando alomenos as metades dos brancos nos extremos. Segundo o que requira cada foto, as zonas de transición poden aproximarse -e mesmo cruzarse- como se ve neste esquema co que se chegou á última imaxe:
Cada unha das dúas opcións ten as sus vantaxes. Os efectos de capa poden rectificarse en calquera momento, mentras que a máscara de capa pode matizarse cómodamente facéndolle un axuste de niveis ou curvas.
Unha terceira vía pode ser o comando Aplicar imaxe, que é como un revelado duplo, pero sen montar as dúas versións como capas. Esta opción execútase nunha das imaxes, xogando coa o pacidade e co modo de fusión como se fosen capas. Se llo indicamos, ademáis, o comando aplica unha máscara a partir dunha capa de calquera das imaxes. Nembargantes, resulta menos flexible, pois ao non crear novas capas, o resultado non pode modificarse. |