| Páxina de recursos | Versión
orixinal publicada en quesabesde.com
© >> |
AXUSTE CON CURVAS. ¡AGÁRRENSE!
Se hai unha ferramenta que agradecemos pola axuda que nos presta á hora de acadar nas fotos ese particular punto de contraste e gradación, é a curva de axuste. Preséntase como un gráfico de eixos X-Y que representa os valores de luminosidade dos píxeles antes do axuste (na base) e os valores de saída (no lateral esquerdo). Trátase, simplesmente, de modificar a posición dunha liña diagonal que indica para cada valor de entrada o valor de saída que lle corresponde.
Nalgúns programas, a ferramenta Curvas é só un regulador para escurecer ou aclarar as tonalidades medias. Noutras aplicacións como Photoshop ou Photo-Paint, pola contra, é unha ferramenta tan versátil que pode facer todo o que fan os outros comandos de axuste -e aínda máis-.
Nestas versións tan completas, pódese traballar indistintamente nunha escala de valores de luz (de 0 a 255), que é o habitual en RGB, ou de tinta (de 0 a 100%), se pensamos na impresión. En Photoshop, cámbiase dunha escala a outra premendo na doble flecha da barra inferior.
En porcentaxes de tinta, pode resultar máis cómodo que a cadrícula se estructure en 10 partes, e non en catro. Para isto, pulsamos a tecla Alt e facemos clic dentro do cadrado.

Cadro
de curvas en valores de luz (esquerda) e de tinta
Tamén podemos axustar a luminosidade dos píxeles
(RGB) ou cada unha das canles. A diagonal inicial indica a igualdade dos valores
de entrada e saída, como se fose unha función matemática.
Só temos que pulsar nela e arrastrala para crear un novo nodo e iniciar
a transformación, ben de xeito intuitivo co rato ou introducindo valores
numéricos.
¿Cáles son as vantaxes que ofrece este sistema fronte a outros
comandos como Brillo e Contraste? Desprazando o punto central de 50 a 25 (en
valores de tinta), os outros valores varían menos canto máis
perto dos extremos de branco e negro se está. Evítase deste
xeito a acumulación de píxeles nos límites. Neste caso,
aclaramos as tonalidades medias baixando a curva. Se a mirásemos en
valores de luz, simplesmente a levaríamos cara arriba.

Máis interesante aínda é a posibilidade de incidir de distinto xeito en diferentes niveis da imaxe. Os píxeles con valores comprendidos entre A e B (entrada) saen cun rango tonal máis reducido (saída), polo que esta zona sae perxudicada polo axuste. Por outra banda, os píxeles entre B e C melloran o rango tonal porque se lles asignan máis valores de saída. En suma, onde a curva se fai máis horizontal, estamos comprimindo o rango tonal, e donde se fai máis vertical descomprimímolo, ampliando así o contraste e mellorando o detalle.
Os cinco reguladores do comando Niveis teñen o seu
equivalente na ferramenta Curvas: os movementos A e B realizan o recorte de
negros e brancos; C e D supoñen o recorte dos niveis de saída;
E máis F, finalmente, equivalen a escurecer ou aclarar as tonalidadess
medias co deslizador gris.
De todos os xeitos, moitas tomas só precisan un rápido axuste
que resulta máis doado e rápido de realizar coa opción
Niveis. E é que son poucos os programas que amosan no comando Curvas
o perfil do histograma para avaliar o recorte.

Un par de casos prácticos
Partimos dunha imaxe que ten os tonos medios algo escuros, como pode apreciarse no histograma. Mesmo se a vemos moi ben de valoren na pantalla, podería interesarnos aclarala un pouco para imprimila, xa que no papel verémola algo máis escura e opaca.

Ista é a típica situación para un toque de gamma positivo:
Tamén é frecuente, ao escanear copias positivas, que se perda detalle nos grises máis ben escuros pero que o resto da imaxe estea correcta:
Nestes casos, é moi útil recorrir a unha curva en dous pasos: en primero lugar, levantamos con decisión a curva perto do extremo escuro, ata que apreciamos claramente o detalle nas zonas de sombra:
Como este movemento estraga as zonas de luz, creamos un segundo nodo na curva e achegámolo ao primeiro, de xeito que frene o efecto na parte alta:
Máis posibilidades: xogar coa cor
Un uso típico da ferramenta Curvas canle por canle é o de compensar unha dominante de cor. No exemplo fixemos o contrario: provocar unha dominante vermella subindo os valores da zona media en R:

Isto máis a variedade de trazados posibles dan moito xogo á experimentación. Poden acadarse rápidos efectos de cor probando diferentes curvas nas canles:
Outra posibilidade é trazar a curva "a man alzada" co lápis. Ao facelo, chama a atención que a liña se vaia borrando por enriba e por baixo da zona na que debuxamos o trazo, dividíndoa en anacos soltos.
A explicación é sinxela: ao programa podemos pedirlle que dous valores de entrada distintos teñan o mesmo valor de saída, pero a un valor de entrada non podemos asignarlle dous diferentes de saída (o programa non ten criterio para dividir o grupo de píxeles). Deste xeito, podemos trazar curvas en forma de N, pero non en forma de Z. Noutras palabras, non pode haber dous puntos da curva aliñados verticalmente.