Páxina de recursos

TEST JPG2000

Este informe é o resultado das primeiras probas que fixen co filtro de Adobe, Camera RAW + JPG2000, que servía, antes da aparición de PhotoShop CS, para abrir e editar diferentes tipos de arquivos raw e jpg2000.
Nos primeiros ten moitas posibilidades e o seu manexo é doado e cómodo, pero avaliar o que podía significar o jpg2000 coas súas variantes para tentar acadar as ratios de compresión jpg con menor ou con nengunha perda de datos era máis urxente, así que fixen unha comparativa sobre unha foto, probando as distintas opcións e calidades de jpg e de jpg2000 con dous programas que gardan este último formato: PhotoShop 7 e ThumbsPlus 5. O que se ofrece aquí son as táboas de resultados.

O orixinal é unha foto RGB de 1024 x 1024 píxeles, recortada a mantenta para que medise sen compresión 3 megabytes. O seu tamaño exacto son 3087 kb. Comprimida con jpg clásico a niveis de calidade pares, resultan estes tamaños:

PhotoShop garda un formato 2000 con extensión .jpf ofrecendo catro tamaños de baldosa (noutros artigos xa temos falado das baldosas de jpg) entre a mínima de 128x128 píxeles e 1024 que é o tamaño da foto. As diferencias foron moi pequenas como se ve na táboa. Utilicei en cada tamaño o nivel máximo de compresión (1%), e as porcentaxes 20, 40, 60, 80, 100, así como a opción Sen perdas (lossless):

Como no son moi diferentes, tomei as copias feitas co tamaño 512x512 e compareinas coas copias jpg medindo os seus cambios co orixinal do seguinte xeito: Gárdase cada copia, ábrese de novo, superponse ao orixinal como unha capa á que se asigna o modo diferencia, resultando unha imaxe que é negra onde non hai cambios e onde os hai aparecen niveis de gris. Obsérvase o promedio, a desviación estándar, a mediana, e busquei tamén a diferencia máxima rexistrada en algún dos píxeles:

Os niveis 60 e 80 dan desviacións moi aceptables, por baixo de 1 en promedio e até 6 en diferencia máxima, e as opcións 100 e sen perda son idénticas ao orixinal, pero observei que a escala non é moi comparable aos niveis indicativos do jpg normal, que acada tamaños algo máis pequenos, así que compareinos xunto con outros tipos de compresión sen perda nesta táboa, onde se sitúan segundo a porcentaxe de tamaño respecto do orixinal (en vertical) e o promedio da diferencia cos datos orixinais:

Vese claramente que os resultados son semellantes na relación Reducción/Desviación. A gama de opcións do 2000 é maior, e o que máis os diferencia é a opción lossless, sen perda de datos, avantaxando a outros sistemas como o zip ou o lzw.