Páxina de recursos  

A Proporción Áurea

Parte II . A Proporción Áurea na Arte

A utilización conscente desta proporción na Arte antigua non deixa de ser unha conxetura, por canto non hai testemuñas que a acrediten, mentras que sí as hai do uso de razóns sinxelas ou musicais, como un quebrado entre números enteiros. O carácter racionalista do pensamento grego, a súa tendencia á aritmetización de toda ciencia e o coñecemento certo que tiñan do trazado e propiedades xeométricas desta proporción fai moi posible o seu uso, aínda que fose como experimentación formal. En fachadas de templos e outras construccións poden detectarse rectángulos áureos e R5. Na representación da figura humana é menos probable, xa que o realismo predomina sobre a simboloxía, mais eu non o descartaría, habida conta do interese que se mostrou por buscar as proporcións máis fermosas e armónicas posibles.

Un caso digno de mención é o Home vitrubiano de Leonardo da Vinci. Vitrubio, arquitecto romano, no seu tratado De Arquitectura dá unhas referencias sobre a figura humana baseadas en divisións sinxelas, e ademáis di que a altura é igual á envergadura e que un home deitado, ao extender brazos e pernas descrebe un círculo (non alude á proporción áurea, senón ás formas perfectas). Moitos artistas tentaron ilustrar nun mesmo debuxo as tres formas: humana, cadrada e circular, con resultados pintorescos pero pouco afortunados.

Leonardo deu unha solución orixinal e moito máis elegante descentrando cadrado e circunferencia. O pubis é o centro do cadrado, e o embigo o da circunferencia. É doado comprobar que o seu radio é sección áurea da altura do cadrado.

da Vinci coñecía a proporción e a exactitude do esquema non deja moitas dúbidas do seu uso, aínda que unha vez resolto o "armazón" aplica, como Vitrubio, divisións modulares no corpo. Nas obras de moitos outros artistas do Renacemento téñense buscado relacións áureas, sen conclusións sobre o seu uso conscente. Sir Theodore Cook (s XIX) describiu unha escala sinxela de divisións áureas aplicable á figura,

que encaixa solprendentemente ben nas obras de algúns pintores, como Boticelli:

Facer esta escala sobre un segmento é moi sinxelo. Primeiro facemos o cálculo da sección áurea dende un extremo e dende o outro,

e logo, simplesmente duplicando as medidas menores para restalas nas maiores, vanse situando outras máis pequenas:

Outro caso notable é o Modulor, de Le Corbusier, unha escala áurea dupla a partir da altura dun home de 1,83 cm. convertida en sistema de medidas estándar para a construcción.

Ademáis da aplicación antropométrica, tamén podemos comentar o uso da proporción como medio de distribución espacial (composición) en obras pictóricas. Aínda que tampouco está moi documentada, hai casos en que parece moi claro: no Martirio de S Bartolomé, de Ribera, a división do espacio e anclaxes de puntos de tensión nas divisións áureas verticais:

No cadro da Carta, de Vermeer, situación do elemento principal no cruce das divisións áureas:

Con poucas dúbidas, en autores do s XX. Dalí: o rectángulo áureo como formato do lenzo...

e por enriba, xogando claramente co esquema da espiral:

En Ad Parnassum, de Paul Klee, varios aspectos: O lenzo é un rectángulo áureo duplo, a porta define un rectángulo áureo adosado á división áurea do lenzo, e varias razóns áureas fáciles de atopar na lonxitude dos poucos elementos liñais presentes.

Moitos casos parecen evidentes pola súa exactitude e polo coñecimento xeométrico dos seus autores. É común á maioría dos artistas experimentar con recursos compositivos pero non facer norma deles. É probable que en moitos casos as estructuras xeométricamente significativas aparezan espontáneamente naquelas persoas afeitas a observar e manexar elementos formais.