MODOS DE FUSIÓN

DETRÁS

O modo Detrás limita a acción dun pincel ou dun recheo ás zonas transparentes dunha capa, á inversa que a opción Bloquear transparencia.

Pintar por detrás de figuras recortadas

Cando unha capa é opaca nunhas zonas e noutras non, pode bloquearse a relación de transparencia na paleta capas. Deste xeito, se pintamos sobre ela, as zonas transparentes quedarán intactas, e as de transición manterán o seu nivel de opacidade:

Asignando o modo Detrás ao pincel, faríamos xustamente o contrario (non funciona se está activado o bloqueo de transparencia):

Arriba
Encher zonas transparentes dunha capa
 

Se queremos suprimir as zonas transparentes, podemos aplicar un recheo de cor plana, e aplicar a transición a modo Detrás:

Tamén está disponible o modo Detrás para a ferramenta Degradado:

Arriba
Asignar cor mate de fundido
 

É frecuente que recortemos con coidado un elemento irregular, coa intención de incorporalo a unha páxina web. Aínda que non suavicemos a selección con calados, ao exportala como gif con transparencia, atopámonos conque o formato gif só pode definir como transparente unha cor (de fondo) mais non hai semitransparencias. Por iso topamos tantas veces cun molesto rebordo branco:

Un xeito de resolvelo, sen exportar unha imaxe rectangular, e coñecendo cál é a cor de fondo da páxina, é pintar con esta cor, en modo Detrás e con pincel duro, cubrindo os bordos do obxecto.

Para maior seguridade, aínda que o pincel duro non debería deixar semitransparencias, pódese poñer a capa en modo Disolver, e daquela exportar de novo o arquivo gif con fondo transparente.




Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión