MODOS DE FUSIÓN

EXCLUSIÓN

Clave alta

Esta técnica é resultado dun bo número de probas na procura dun método simplificado para transformar unha fotografía normal nunha imaxe en clave alta.

En principio pensaríamos que con só un axuste de Niveis ou Curvas podería facerse tal conversión, xa que únicamente se trata de iluminar a imaxe. Pero na práctica un axuste que non queime as luces só logra desaturar e descontrastar, resultando imaxes pálidas. Con Niveis é imposible, e con Curvas é difícil atopar o trazado exacto.

Con este método o que facemos é preparar a escala de tonalidades para logo, cun sinxelo axuste de Niveis, graduar a luz sen perder contraste, ou baixándoo ata onde precisemos, cunha marxe de acción amplo ata a saturación dos brancos, e flexible mesmo máis aló desta saturación, se optamos por unha imaxe de alto contraste.

Calquera fotografía cunha escala de grises completa e ben exposta serve para un bo resultado. Nin sequera ten que ser unha imaxe crara, aínda que axuda moito que os motivos principais, como as roupas por exemplo, non teñan cores de por si escuras.

Para o exemplo imos utilizar este fabuloso retrato, que nos cede o seu autor, Louis Handwerker:

Duplicamos a capa da imaxe duas veces, e poñemos a segunda copia en modo Exclusión.

O aspecto é un tanto extrano, xa que o modo Exclusión produce valores invertidos a partir do gris medio.

Arranxámolo situándonos no primeiro duplicado (a capa do medio), e recortando con Niveis o branco de saída a menos de 128 (eu doulle sempre un pouco máis de marxe).

Volvendo á capa superior, combinamos os dous duplicados con Control+E, nunha única capa que poñemos en modo Trama.

O resultado é unha imaxe bastante máis luminosa, e sen embargo disposta para un axuste moito máis fino. O proceso ata aquí non paga moito a pena varialo segundo a foto. Eu sempre o fago cunha acción, que poño aquí a disposición:

A segunda parte do axuste si que depende de cada imaxe, e faise cun axuste de Niveis na capa superposta en modo Trama. As opcións máis básicas serían:

Mover o regulador branco cara a esquerda. Obsérvese que dispoñemos de case medio histograma antes de comezar a queimar tons, e que na fase anterior perdémos moi pouco contraste, que pode aumentar fácilmente nesta, ao contrario do que pasaría se empregásemos somente Niveis.

Este é o resultado, aínda que a min esta opción convénceme máis para fotos en branco e negro ou con pouco colorido. Para as fotografías a cor prefiro recortar o branco un pouco menos (190-200) e iluminar as tonalidades medias co regulador gris, como se ve neste esquema:

A iluminación xeral é maior, pero o contraste é máis suave:

O terceiro exemplo vai ser unha imaxe de alto contraste, a partir dunha versión da fotografía en escala de grises.

Faise primeiro a conversión a grises, e a continuación o proceso con capas:

Neste caso o axuste de Niveis vai ser bastante máis enérxico, iluminando tamén as tonalidades medias:

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión