MODOS DE FUSIÓN

INVERTER

O modo Inverter está disponible en Corel PhotoPaint.

En realidade, só se diferencia do modo Normal en que se invirten os valores da capa de fusión, polo que no resto de programas somente habería que facer esta modificación para obter os mesmos resultados

Superpoñer elementos en negativo

Ao asignar este modo a un obxecto (ou capa), todo o que se combine con éste aparecerá en negativo

Efecto de Repuxado

Este efecto, para o que existen filtros automáticos, pode facerse simplesmente duplicando un obxecto ou capa:

Ponse o superior en modo Inverter, dándolle unha opacidade do 50% (veremos un gris medio)

En PhotoShop, faríase o mesmo duplicando a capa, invertíndoa con Control+I, e baixando a opacidade

Por fin, só hai que desprazar o obxecto ou capa uns poucos píxeles:

Inversións parciais con pincel ou con máscara de capa

En PhotoPaint podense inverter certas zonas da imaxe, simplesmente pintando cun pincel ao que se lle asigna o modo Inverter:


Tamén podería facerse creando unha máscara, en PhotoPaint no menú Obxecto>Máscara de corte>Crear>Para ocultar todo, en PhotoShop duplicando a capa, invertíndoa con Control+I e creando logo unha máscara de capa, que se enche primeiro de negro, e sobre a que se pode pintar de branco cun pincel:




Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión