MODOS DE FUSIÓN

LUZ FOCAL

Contrastar eliminando tons medios

Axustando os niveis pode recortarse o negro e o branco de entrada, e tamén os de saída, impedindo que haxa píxeles con certos valores extremos. Mais non se pode "vaciar" unha zona no medio da escala, e con Curvas resulta complexo. Non vai ser algo habitual, pero como non estamos libres de precisar un día despexar certo rango de valores, saibamos que xogando co modo Luz focal si que se pode facer.

Comezamos con esta fotografía. Duplicamos a capa, e facémoslle un axuste de Umbral, buscando o nivel de corte que mellor defina o motivo, neste caso 90.

Vemos a capa superior como un bitmap.

A continuación poñémola en modo Luz focal

E agora pasamos a xogar cos niveis de saída. Hai varias posibilidades sinxelas. A primeira, recortar o negro de saída ata calquera valor menor que 128.

O resultado é que se recupera o detalle só dende 0 ata o valor que nós indicámos. Obsérvense as sombras.

Por qué decimos un valor menor que 128? porque se o sobrepasamos, entramos na zona crara e o modo Luz focal funciona como Acrarar, e non Escurecer. Así que non é interesante, porque sería o mesmo que aplicar o recorte á capa superior en modo Normal, é dicir, non hai detalle, só branco e gris craro.

A terceira posibilidade é a máis interesante con vistas a crear unha versión contrastada do orixinal: recórtase o branco de saída na capa, o que ten o efecto aparentemente inverso: recupérase o detalle dende o valor que indiquemos ata o branco, mais non haberá nada máis escuro na parte da imaxe que está baixo o branco da capa.

Se nos fixamos no histograma, veremos que todos os píxeles baixo a zona escura da capa teñen valor 0, mentras que os da outra zona recuperaron case todo o seu detalle. A ausencia de valores medio-escuros fai que as sombras estean posterizadas, contrastando máis as zonas craras.

Se o recorte do branco chegase a baixar de 128, o resultado sería un simple bitmap de negro cun gris escuro. A quinta posibilidade é recortar tanto o negro como o branco. Posterízase a zona media e consérvase ol detalle nas altas luces e nas sombras.

Neste caso podemos ver o que anunciábamos, un histograma no que se despexa unha zona intermedia de valores, e a sua comparación coa curva equivalente:

E para rematar o exemplo, lembrar que unha capa umbralizada superposta pode proporcionar variantes de cor moi interesantes, simplesmente aplicándolle, como neste caso, un axuste de Mapa de degradado.

Simulación de grano Textura de papel gofrado


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión