MODOS DE FUSIÓN

MULTIPLICAR

Superposición de tintas

O modo Multiplicar é equiparable a unha sobreimpresión, a superpoñer diapositivas sobre unha caixa de luz, celofáns de cores sobre un papel, ou ao tintado con acuarela. O valor dun dos píxeles superpostos é o límite máximo para o da outra capa. O resultado sempre é máis escuro.

Observa no gráfico Curvas o efecto que o valor dun píxel ten nos posibles valores da outra capa:

Descarga dende o gráfico o arquivo PSD dos Primarios sustractivos, onde cada círculo está nunha capa propia, en modo Trama. Usa en PhotoShop a ferramenta Desprazar coa opción Seleccionar capa automáticamente, e proba a mover os círculos, para entender cómo simulan a superposición de tintas.

Sombras en biseis

O modo Multiplicar é por defecto o que os programas aplican a biseis e ouros efectos de capa semellantes. A razón é que este modo non é selectivo, como por exemplo Escurecer.

Na figura vemos unha textura de liñas azuis e ocres ás que trazámos duas pinceladas a xeito de bisel. Pola esquerda, o pincel estaba en modo Escurecer, e somente aportou a cor enrriba das zonas azuis. Pola dereita empregámos o modo Multiplicar, que escurece todos os píxeles en proporción inversa á densidade que xa tiñan.

Capas con fondo craro superpostas

Co modo Multiplicar, os mejores efectos na superposición de imaxes acádanse coas que teñen fondos ou zonas amplas craras, con detalles escuros ben definidos. Aí van uns exemplos:

Con duas imaxes diferentes:

Coa mesma imaxe, desprazando unha copia volteada da capa en modo Multiplicar:

O motivo tomouse, con permiso, desta fotografía de José Manchado:
www.pbase.com/josemanchado/image/58829612

(pasar o cursor sobre a imaxe para ver só unha das capas)

Obsérvese o diferente resultado se empregásemos o modo Escurecer:


 

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión