MODOS DE FUSIÓN

MULTIPLICAR

Sombras sobre detalles

Ademáis de ser o modo de fusión máis utilizado para os sombreados en efectos de biselado, o modo Multiplicar é o máis versátil para crear sombras de obxectos que se proxectan sobre outros elementos, conservando unha boa visión do detalle nestes últimos.

Imos ver un exemplo, no que integraremos outras técnicas de selección, transformación e manexo de capas. Partimos da seguinte fotografía:

á que imos superpoñer esta outra:

Para suprimir o fondo desta segunda imaxe hai que seleccionalo. Afortunadamente, era moi homoxéneo, polo que chegou coa Vara máxica cunha tolerancia de 20, coa opción Continuo deshabilitada:

Algo que adoita funcionar ben para evitar os rebordos é calar a selección entre 1 e 2 píxeles de radio, segundo o seu tamaño, e ocultar a selección (Control+H). Ao estar suavizada podemos pulsar a tecla suprimir ata 3 ou 4 veces consecutivas antes de que se recorte completamente, e nalgún paso intermedio teremos unha boa transición.

A sombra ímola facer cun duplicado da capa. Arrastramos ésta ao símbolo de capa nova:

Logo bloqueamos a transparencia da última capa, para enchela dunha cor escura:

É frecuente recorrer ao negro para encher a sombra, mais tamén podemos tomar co contagotas unha mostra da cor característica na propia capa:

e levala a un nivel ben escuro no selector de cor:

Daquela, enchemos a capa con Alt+Suprimir:

Libérase o bloqueo de capa, e aplícase un desenfoque:

A continuación ponse a capa de sombra debaixo da capa 1, e desprázase ou transfórmase. Aquí tecleámos Control+T para facer unha transformación, e pulsámos co botón secundario para tomar a opción Distorsionar.

móvense os tiradores de esquiña, ata acadar unha posición de sombra convincente:

e por fin, ponse a capa en modo Multiplicar, e báixase a opacidade.

En Modo multiplicar non se precisa baixar moito a opacidade, e a sombra adáptase ben aos detalles do fondo:

Simulación de grano Capas con fondo craro superpostas



Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión