Preservar luces baixo as sombras
Calquera dos modos de fusión que escurecen a base serven para facer sombras mediante capas cheas dunha cor densa. Sen embargo, non se comportan do mesmo xeito exactamente, senón que teñen as suas peculiaridades. As diferencias son pouco apreciables en imaxes a cor, porque unhas canles compensan outras, pero en escala de grises distínguense bastante ben. Vexamos unha comparativa:
|
|
Capa de sombra en modo Escurecer
Aplica a cor de forma opaca sobre a base,
pero aqueles detalles que sexan máis
escuros
consérvanse.
|
Sombra en modo Multiplicar
Escurece máis as luces que as sombras,
reducindo o contraste na capa base.
|
|
|
Sombra en modo Subexpoñer cor
Escurece máis as sombras que as luces,
destacando aínda máis éstas ao escurecer
a capa base.
|
Sombra en modo Subexposición liñal
Escurece liñalmente a capa base,
mantendo o detalle nas zonas
que non cheguen ao negro.
|
|