MODOS DE FUSIÓN

SUBEXPOSICIÓN LIÑAL

Escurecer texturas localmente, pintando con grises

Sobreexposición liñal e Subexposición liñal engaden ou sustraen, literalmente, os valores da capa de fusión aos da capa base. Disto dedúcese que son propensos a queimar luces e empastar negros, pero esta propiedade de actuar por igual sobre o que haxa debaixo pode interesar en certas ocasións

Obsérvese a diferencia entre Subexpoñer cor e Subexposición liñal nestes gráficos, movendo o punto vermello para ver cómo o valor do píxel superior actúa sobre o rango da capa inferior:

En imaxes texturadas e pouco contrastadas é moito más doado iluminar ou escurecer zonas pintando co pincel en modo Sobreexposición liñal ou Subexposición liñal que con outros modos, aínda que a opacidade ten que ser bastante baixa e debe haber marxe suficiente para non chegar ao branco e negro puros. Vexamos un exemplo:

Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto:

Cunhas poucas pinceladas oscureceuse o fondo na parte inferior e acrarouse na superior. Tamén se escureceron zonas do tronco para contrastalo contra o fondo.

Na zona superior dereita déronse
pinceladas en modo Sobreexposición
liñal, pincel con dureza 20%
e opacidade 12%

No resto da fotografía, déronse
pinceladas en modo Subexposición
liñal, pincel con dureza 20%
e opacidade 8%

Para aumentar ou reducir liñalmente toda unha imaxe, chega con crear unha capa en modo Sobreexposición liñal ou en Subexposición liñal, e enchela de gris. O valor desta capa, que pode variarse con Niveis, Curvas, Ton/saturación, etc. será o que se sume ou se reste, segundo o caso.

Simulación de grano Manter o detalle baixo as sombras

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión