MODOS DE FUSIÓN

SUPERPOÑER

Colorear dende escala de grises

O modo Superpoñer é o grande esquecido á hora de aplicar cor a unha imaxe monocroma. Case sempre se recorre ao modo Cor, porque os seus efectos son máis inmediatos e sobre todo porque non altera os valores de luminosidade.

Hoxe é cada vez máis raro que se coloree unha escala de grises con pinceladas, porque os métodos a base de capas de axuste son moi flexibles e impóñense a outras técnicas máis manuais. Sen embargo as capas son excelentes para o coloreado zonal, mais pouco efectivas para as variacións locais, polo que algúns resistímonos a descartar o rematado con toques de pincel, que dan máis riqueza ao resultado.

Pintar con cor en modo Superpoñer require máis destreza que en modo Cor. As altas luces e sombras profundas case non se modifican, pero segundo nos achegamos ao gris medio, mesmo a luminosidade vaise aproximar levemente á da cor aplicada, así que non se debe repintar moito, ou ben hai que pintar en modo Normal sobre unha capa baleira en modo Superpoñer.

Ademáis disto, os mellores resultados acádanse con paciencia, empregando pinceis brandos e con moi pouca opacidade (menos do 10%) para poder insistir ben e crear gradacións aceitables.

Neste exemplo creámos unha capa baleira en modo Superpoñer, cunha opacidade moderada (70%) que nos permite pintar en modo Normal con opacidades entre o 10 e o 15%. Aplicáronse así as cores básicas para as diferentes zonas:

Á hora de crear variacións tonais, a maioría fixéronse sobre esta mesma capa, aínda que se incorporaron outras duas capas baleiras, en modos Cor e Subexposición liñal. A primeira serviu para pintar algúns puntos que requerían unha maior intensidade, e a segunda para acadar algo de cor en zonas que estaban moi próximas ao branco, e polo tanto non respondían cos outros modos: a torreta da dereita, os panos entre as ventás e algúns puntos da torre.

Simulación de grano Superpoñer motivos e recheos

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión