Trazado de polígonos regulares
Tetradecágono dado o raio / circunferencia circunscrita. Método alternativo 1 |
Polígonos dado o raio | Polígonos dado o lado | |
Triángulo equilátero |
|
Triángulo equilátero Cadrado 1 Cadrado 2 Pentágono Hexágono Heptágono -CL- Heptágono -Alt1- Heptágono -Alt2- Octógono Eneágono -CL- Eneágono -Alt1- Eneágono -Alt2- Decágono Endecágono -Alt1- Endecágono -Alt2- Dodecágono -CL- Tridecágono -Alt1- Tridecágono -Alt2- Tetradecágono -Alt1- Tetradecágono -Alt2- Pentadecágono -Alt- Hexadecágono -CL- Heptadecágono -Alt1- Heptadecágono -Alt2- Octodecágono -CL- Octodecágono -Alt1- Octodecágono -Alt2- Nonadecágono -Alt1- Nonadecágono -Alt2- Icoságono -CL- |
Obxectivo: obter como medida lateral a corda de 360/14: 25,71428571428…º. Esta corda é dupla do seno de 12,857142857…= 0,22252093395… polo tanto debe medir 0,44504186791… Trácense dous diámetros perpendiculares AB e CD. Co mesmo raio que a circunferencia trácese un arco de centro A e outro de centro D para obter os puntos E, F, a 30º e 60º de D respectivamente. Trácese a corda EA e dende o punto G onde corta ao arco OF un segmento ata o centro O. Trácese un arco con raio a corda de 90º BD con centro B, que cortará o segmento anterior no punto H. A distancia OH é o lado do tetradecágono. Sabendo que no triángulo DEG o ángulo DEG ten 135º e o lado oposto GD mide 1, a mesma proporción entre o seno de 135 e 1 haina entre o seno de EGD e a corda de 30º 0,51763809… e entre o seno de EDG e EG, que resulta medir 0,564579455317…, polo que AG mide 0,43542054468… e as coordenadas de G son 0,377085253… e 0,78228972765… Con elas calcúlase o ángulo DOG que ten 64,264649283…º e OBH 154,264649283…º Calculando co seno deste ángulo no triángulo OBH, o segmento OH resulta medir 0,445094636… Erro teórico: 0,000053·r |
|