Trazado de polígonos regulares
Nonadecágono dado o raio / circunferencia circunscrita. Método alternativo 1 |
Polígonos dado o raio | Polígonos dado o lado | |
Triángulo equilátero |
|
Triángulo equilátero Cadrado 1 Cadrado 2 Pentágono Hexágono Heptágono -CL- Heptágono -Alt1- Heptágono -Alt2- Octógono Eneágono -CL- Eneágono -Alt1- Eneágono -Alt2- Decágono Endecágono -Alt1- Endecágono -Alt2- Dodecágono -CL- Tridecágono -Alt1- Tridecágono -Alt2- Tetradecágono -Alt1- Tetradecágono -Alt2- Pentadecágono -Alt- Hexadecágono -CL- Heptadecágono -Alt1- Heptadecágono -Alt2- Octodecágono -CL- Octodecágono -Alt1- Octodecágono -Alt2- Nonadecágono -Alt1- Nonadecágono -Alt2- Icoságono -CL- |
Obxectivo: obter como medida lateral a corda de 360/19: 18,94736842105…º. Esta corda é dupla do seno de 9,47368421052…= 0,16459459028… polo tanto debe medir 0,32918918056… Trácense dous diámetros perpendiculares AB e CD. Con centro en D trácese o arco e a corda de 120º EF, que corta o punto medio G o raio OD. Localícese tamén o punto medio do raio OA: H. Trácese un arco de centro G con raio a metade da raiz de 3, dende E ata o raio OC. Trácese a semirrecta DH que cortará o raio OA en H e o arco de centro G en I. Trácese o segmento GA, que corta o arco de centro G en L. A distancia L é o lado do nonadecágono. No triángulo GDI, GD mide 0,5, GI a metade da raíz de 3 e o ángulo GDI 26,56505117707…º. Con estes datos calcúlase a distancia DI en 1,28387362203…, o que permite establecer as coordenadas de I respecto do centro O en -0,14833147735…, 0,57416573867... As coordenadas de L calcúlanse co coseno e seno do ángulo OGA= 63,43494882292…º en 0,11270166537…, 0,77459666924... Por Pitágoras a distancia IL resulta ser 0,32910615237... Erro teórico: 0,000083·r |
|