Obxectivo: obter como medida lateral a corda dun quinto da circunferencia: 72º. Esta corda é dupla do seno de 36= 0,58778525229… polo tanto debe medir 1,175570504584946258…
Trácense os diámetros perpendiculares AB e CD. Calcúlese o punto medio dun raio CO: E. A distancia EA, hipotenusa dun triángulo rectángulo de catetos 1 e ½ raio, mide por Pitágoras a metade da raíz de cinco= 1,11803398874989… Abatida dende o punto E sobre o raio OD: F dá unha distancia OF igual a 0,61803398874989… coñecida como sección áurea do raio. A distancia AF por Pitágoras mide 1,175570504584946258…
Trátase por tanto dun método exacto. |