Trácense a mediatriz de AB e unha perpendicular á base no extremo B. Lévese a metade da base BM á perpendicular: BP. Trácese o segmento AP e prolónguese para sumar a AP a medida PB. Coa suma AQ como raio e centros A e B trácense dous arcos que se cortarán en O, centro do decágono.
A distancia AQ mide a metade da raíz de 5 máis 0,5: 1,61803398874… en proporción áurea co lado. Fácilmente se calcula no triángulo ABO que o ángulo AOB ten 36º, décima parte da circunferencia. Trátase por tanto dun método exacto. |