Trácense dous arcos de centros A e B e raio a distancia AB. Trácese outro de igual raio e centro o punto de corte dos anteriores, que cortará o arco de centro B nun novo punto que permite trazar unha semirrecta en A cun ángulo de 15º respecto da base. A semirrecta cortará o arco de centro A no punto E, que será o centro doutro arco de igual raio que volve cortar o de centro A no punto D. Con centro en D e igual raio localízase o último vértice C no arco de centro B.
Método exacto.
|