NIVEL II
Trazar circunferencias tanxentes a outra circunferencia e a unha recta dadas, coñecendo o punto de tanxencia na circunferencia

 

Por cálculo de distancias:
Trazamos a recta que contén o radio OT, e a recta tanxente á circunferencia en T. Esta última corta a recta a en P, permitíndonos trazar as bisectrices dos dous ángulos. Estas cortan a recta OT en dous puntos que son os centros das solucións.
Os puntos de tanxencia localízanse, ben trazando perpendiculares a a dende os centros, ben cun arco de centro P que pase por T.

Por Homotetia:
Trazamos a recta que contén o radio OT, e o diámetro perpendicular á recta a. Unindo os extremos 1 e 2 con T, obtemos na recta os puntos de tanxencia T1 e T2. Trazando dende eles perpendiculares a a teremos os centros C1 e C2 das solucións.

Imprimir datos