NIVEL III
Exposición do problema

Denomínase así por tradición a un conxunto de construccións que resolven os diferentes casos do seguinte enunciado:

Determinar as polibles circunferencias tanxentes a outras tres dadas


A casuística deste problema ofrece unha variedade moi interesante se se consideran, nun senso amplo, non só circunferencias de radio finito (C), senón tamén os puntos como circunferencias de radio cero (P) e as rectas como circunferencias de radio infinito (R).

Segundo esta distinción, e sen ter en conta as posicións concretas destes elementos, existen 10 casos xerais:

PPP: Trazar circunferencias que pasen por tres puntos.

RRR: Trazar circunferencias tanxentes a tres rectas.

PPR: Trazar circunferencias que pasen por dous puntos, tanxentes a una recta.

PRR: Trazar circunferencias que pasen por un punto, tanxentes a dúas rectas.

PPC: Trazar circunferencias que pasen por dous puntos, tanxentes a unha circunferencia.

PRC: Trazar circunferencias que pasen por un punto, tanxentes a unha recta e a unha circunferencia.

RRC: Trazar circunferencias tanxentes a dúas rectas e a unha circunferencia.

PCC: Trazar circunferencias que pasen por un punto, tanxentes a unha circunferencia.

RCC: Trazar circunferencias tanxentes a unha recta e a dúas circunferencias.

CCC: Trazar circunferencias tanxentes a tres circunferencias.