NIVEL II
A Homotetia como relación entre circunferencias tanxentes

 

Dúas circunferéncias tanxentes interiores son homotéticas nunha homotétia de valor positivo, e se son tanxentes exteriores, nunha de valor negativo. Obsérvese que se trazamos un diámetro en cada unha delas, na mesma dirección, ademáis de paralelos serán homotéticos, e os puntos homotéticos sempre están aliñados co centro de homotétia, que resulta ser o punto común T.